lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Espinosa: ''También soy candidata de las bases; aquí no hay boinas ni birretes''

Espinosa garda as formas e en ningún momento entra en leas co seu rival, Pachi Vázquez. ''Dous non pelexan se un non quere'', di.

Pregunta: ¿Por que e cando decide presentarse a liderar o PSdeG?
Resposta: Porque mo pide moita xente, compañeiros e militantes de toda Galicia, xente bastante diversa e que representa o mundo rural e o urbano, que me di que temos que xerar unha nova ilusión e a forza necesaria para recuperar non só a Xunta, senón tamén concellos. Tras unha reflexión, adoptei esta decisión.

P: ¿Faltaba ilusión?
R: Isto é un proceso natural logo de perder unhas eleccións. No PSOE non somos ninguén sen os nosos militantes e tampouco seriamos ninguén se non estivésemos pegados
á sociedade. E iso é o que queremos facer co meu proxecto.

P: ¿Que a diferenza respecto ao outro candidato, Pachi Vázquez?
R: Os delegados son os que teñen que facer esa comparación. Eu non a fago. O meu rival non é Pachi Vázquez, está no PP. Eu simplemente transmito o meu proxecto, os delegados poden procesar internamente que modelo lles gusta máis e decidir con liberdade no congreso.

P: ¿Como foron estes tres anos?
R: Foi das peores etapas que viviu esta comunidade. Non atopamos ninguén que teña unha política que sexa positiva na mellora do benestar social ou a quen o favorecera a nivel de infraestruturas. Non me vale que digan que temos crise.

P: E no socialismo galego... ¿como foron estes tres anos?
R: Estivo traballando pero sufriu unha derrota autonómica, unhas derrotas municipais e despois unha derrota a nivel nacional. Pero iso ten que formar parte do pasado. A nosa cabeza, mente, corazón e sentimentos teñen que estar enfocados en recuperar a Xunta de Galicia.

P: Vázquez dixo que é o candidato das bases. ¿Que lle parece?
R: Eu considérome candidata das bases, e ademais a miña historia no partido demostra que unhas veces tiven responsabilidades e outras estiven como militante axudando e
colaborando. Apóiame moita xente á cal agradezo o seu apoio. Non renego en absoluto del, que ten tamén unha representación moi ampla a nivel xeográfico e de tamaño. Por falar de pequenas e grandes agrupacións, ou o que a xente pon sobre a mesa, o urbano e o rural. Considero que teño unha representatividade en grao sumo diversa.

P: ¿Hai boinas e birretes?
R: Non, temos unha Galicia que grazas a Feijóo segue tendo dúas velocidades. Esa cohesión que temos que seguir facendo a nivel Galicia entre o rural e o urbano nada ten que ver co noso partido, que ten que ser un partido de integración, de coñecer as sensibilidades de cada zona.

P: ¿Séntese cómoda representando os críticos?
R: Eu síntome cómoda representando os meus compañeiros. E imos ver se somos capaces de que os críticos sexamos todos os militantes do PSOE contra a política da Xunta.

P: ¿Queda moito por convencer?
R: Eu non fago matemáticas. Intento falar coa xente, responderlle e tratar de que tamén esas persoas me pregunten as dúbidas que poidan ter.

P: De vencer no congreso, ¿contaría con Pachi Vázquez?
R: Eu creo que, saia quen saia elixido esta fin de semana, temos que ser un partido moi forte e moi cohesionado. E que ademais sexamos o reflexo tamén dunha parte moi
importante da sociedade, porque son das que digo que no PSOE somos os que máis nos parecemos á sociedade galega.

P: ¿Iso é un si ou un non?
R: Aquí primeiro hai unha frase que sempre utilizamos, a de ''dous non pelexan se un non quere''. E non é que esteamos a falar de pelexas, non é o meu estilo.

P
: ¿Decidirase todo en Lugo?
R: Creo que se decide fisicamente en Santiago.

P: ¿Ten o apoio de José Blanco?
R: El non é delegado.

P: ¿E de Orozco e Besteiro?
R: Falei con eles e permítame que o deixe no ámbito persoal. Querémonos e coñecémonos desde hai tempo. Todos nos respectamos.

P: ¿Sente máis responsabilidade por ser muller?
R: Non. É unha satisfacción. E agardo que sirva de exemplo a outras.

P: ¿Apoia 'unha persoa, un cargo'?
R: Eu apóioo.

Espinosa: ''También soy candidata de las bases; aquí no hay boinas...
Comentarios