«Estamos aquí para recibir unha lección de persoas como o meu tío avó»

Juan Milleiro e Elvira. CEDIDA
photo_camera Juan Milleiro e Elvira. CEDIDA

Na memoria de Elvira Estévez quedou marcada a data do 12 de xullo de 1937 ata o último dos seus días. Non puido ser doutro xeito, porque aquel día ela mesma escoitou os balazos que mataron ao que ata entón fora o seu prometido. O fusilamento tivo lugar despois de que a moza quevivía na Praza da Verdura pasara toda a tarde e toda a noite anterior despedindo a aquel rapaz de 25 anos. Juan Milleiro Sampedro foi asasinado ás cinco da madrugada na Avenida de Bos Aires. El foi un dos represaliados tras o golpe de Estado de 1936 e onte a súa figura -e a doutros 50 homes e mulleres- foi homenaxeada polo Concello.

O acto celebrouse despois de que o Pleno do Concello aprobase unha moción pola cal condenaba o levantamento militar fascista, expresaba a súa repulsa á persecución política e a represión e se convocaba este acto de restitución simbólica e unha homenaxe aos represaliados. O encontro estivo cheo de solemnidade e comezou co himno do Antigo Reino de Galicia na gaita de Óscar Ibáñez, que subiu ao escenario do Teatro Principal custodiado por dous axentes da Policía Local co traxe de gala.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios