A ex ministra Bibiana Aído quedará sen o seu ‘choiazo’ en Nova York

De Periodista Digital: “A renuncia da ex presidenta chilena Michelle Bachelet á dirección de ONU-Mulleres vai deixar sen traballo a ex ministra socialista  Bibiana Aído”, que cobraba “entre 7.300 e 10.500 euros ao mes” como asesora súa. Bachelet volve á política chilena e Aído terá que deixar Nova York.

Nevenka Fernández é asesora fiscal e reside agora na capital de Irlanda

De El Mundo: a ex concelleira do PP en Ponferrada Nevenka Fernández, que anos atrás fora acosada polo ex alcalde Ismael Álvarez, vive agora allea a toda a lea política do Bierzo. Está en Dublín, onde se dedica a asesorar fiscalmente empresas e particulares. Antes vivira durante un tempo en Inglaterra.

Dragó, sempre disposto a dar a nota, marchou de ‘El gran debate’

O escritor Sánchez Dragó volveu montar un número. Foi no programa El gran debate. Non lle gustou o vídeo de presentación e marchou de súpeto do plató xunto á filla. Unha espantá que sorprendeu a Jordi González, pero non a quen o coñece. Xustificouno así: “Máis vale honra sen Tele 5 que Tele 5 sen honra”.

Comentarios