Falece o escritor e teólogo vilalbés Xosé Chao Rego

O irmán do xornalista Ramón Chao e tío do cantante Manu Chao morreu en Santiago aos 83 anos de idade
Xosé Chao Rego nunha imaxe de arquivo
photo_camera Xosé Chao Rego nunha imaxe de arquivo

O teólogo e escritor Xosé Chao Rego, natural de Vilalba, faleceu este sábado aos 83 anos de idade.

Irmán do xornalista e tamén escritor Ramón Chao e tío do cantante Manu Chao, Xosé estudou Filosofía en Salamanca e Madrid e Teoloxía en Roma, onde se consagrou sacerdote en 1956. Foi profesor no seminario de Mondoñedo, no instituto de Vilalba e en Santiago de Compostela  e tamén párroco en Santa mariña do Vilar, en Ferrol, durante 17 anos.

Publicou decenas de ensaios e de obras relacionadas con asuntos culturais e sociais e tamén foi un dos impulsores das revistas Irimia e Encrucillada. Dende o ano 2002, membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. 

Tras coñecerse o seu falecemento, a Mesa pola Normalización Lingüística expresou o seu loito polo autor galego "máis prolífico" e considerouno un "exemplo de compromiso con Galicia, coa súa lingua e con todas as causas xustas".

Comentarios