sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

Fecimo ofrece tres cursos sobre diferentes temáticas

Un dos cursos celebrado por Fecimo nunha convocatoria anterior
Un dos cursos celebrado por Fecimo nunha convocatoria anterior
A recoñecida escaparatista Cany Juncal impartirá un dos cursos, dirixido aos asociados e gratuíto

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) organiza, como cada ano, o seu plan de formación pensado para as súas empresas asociadas. Nesta ocasión, a entidade presenta tres cursos que son de acceso gratuíto, pero con prazas limitadas, que se levarán a cabo a partires deste mes.

Por unha banda, Fecimo organiza, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e APE Galicia, un curso eminentemente práctico que se centrará na montaxe dos escaparates e a imaxe a mostrar polos establecementos a pé de rúa. Esta actividade está destinada exclusivamente ás empresas asociadas do sector do comercio, preferentemente traballadores autónomos. Impartirase de xeito gratuíto e con prazas limitadas.

Nesta actividade formativa, Cany Juncal, escaparatista de recoñecido prestixio, impartirá o curso coa axeitada combinación de teoría e práctica, a partir da cal os asistentes aprenderán a deseñar os seus propios escaparates.

Este curso terá lugar os días 27, 28, 29 e 30 na sede de Fecimo, na avenida de Vigo, 91, en Cangas.

Un dos cursos ofrece todas as claves para a creación dunha tenda en Internet e desenvolverase entre o 3 e o 7 de xuño

Por outra parte, a entidade empresarial organiza dous cursos de formación contínua, con temario actualizado para o desenvolvemento das habilidades comerciais e empresariais. Son cursos con prazas limitadas e financiados polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar.

Un deles estará centrado en Publicidade no punto de venda e está dirixido a persoas traballadoras e autónomos de calquera sector ou actividade. Trátase dun curso que versará sobre o marketing no propio establecemento e as técnicas de presentación dos productos de xeito que estimulen a compra no punto de venda. Tratarase tamén sobre temas de importancia como a comunicación externa, a animación e as promocións, os carteis, etc. Comezará o 29 de abril e rematará o 2 de xuño e desenvolverase no Centro de Estudios Cangas (Avenida de Bueu, 12).

Outro dos cursos versará sobre ‘Creación dunha tenda online: vender con éxito en Internet’, dirixido persoas de calquera sector ou actividade. Será unha actividade de nivel básico para coñecer como vender na rede e como funciona unha tenda on-line, coidando todos os elementos que a compoñen: a localización, o catálogo de produtos, o cobro, a atención e a fidelización dos clientes, así como os aspectos legais. Celebrarase do 3 de xuño ao 7 de xullo.

Os interesados poden atopar máis información na páxina web de Fecimo.

Fecimo ofrece tres cursos sobre diferentes temáticas
Comentarios