sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

Fecimo premia a fidelidade dos seus clientes

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo xa entregou máis de 20 cheques de compra dentro da campaña. As compras máis doces deste Nadal’, que ten lugar en establecementos de Cangas, Bueu e Moaña

No marco da campaña '‘As compras máis doces deste Nadal'’, organizada por Fecimo e posta en marcha entre os seus asociados de Bueu, Cangas e Moaña, leva repartidos 23 premios directos, 21 deles de 50 euros e dous de 100 euros, en forma de cheques de compra. Os agraciados teñen ata o 12 de febreiro de 2016 para canxealos exclusivamente nas empresas participantes na campaña. Fecimo anima a seguir participando nesta iniciativa, xa que aínda quedan por saír 28 premios directos.

CLIENTES. Preto de 2.400 clientes probaron sorte rexistrando as súas participacións na páxina web ‘www.compranomorrazo.com’, incluso inmediatamente despois das súas compras e con total comodidade, tanto a través de ordenadores como de dispositivos móbiles e tabletas. Na campaña participan arredor de 200 empresas de diversos sectores e actividades, onde os veciños poden obter códigos de participación coas súas compras de Nadal. Están en xogo máis de 6.000 euros e a campaña remata o día 8 de xaneiro. Ao finalizar se celebrará, entre todos os códigos rexistrados, un gran sorteo final de tres premios de 1.000 euros.

Fecimo premia a fidelidade dos seus clientes
Comentarios