sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

Fecimo rendirá homenaje a Rosalía de Castro en su próxima campaña

Os establecementos asociados do colectivo do Morrazo lucirán vinilos coa imaxe e versos da autora de 'Cantares Gallegos'

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) está traballando na posta en marcha da súa vindeira campaña promocional, servirá para render homenaxe a unha das figuras máis representativas da literatura galega.

A entidade presidida por Xosé Manuel Bangueses aposta por introducir unha compoñente cultural. Deste xeito, achegará o seu gran de area para conmemorar os 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Tan sinalada data será o vindeiro 24 de febreiro. Deste xeito, coa colaboración de todas aquelas entidades asociadas que estean interesadas en participar nesta iniciativa, levarase a cabo unha decoración en vinilo dos establecementos, no que se poderá ver a imaxe da escritoria santiaguesa. Ademais, cada unha destas unidades contará con algúns versos escollidos da súa obra. A ornamentación fixarase no exterior de escaparates e portas dos locais. Ademais, os responsables dos negocios contarán con liberdade creativa absoluta para decorar os proios escaparates e, así, "facer unha homenaxe á autora", sinalan fontes de Fecimo.

DURACIÓN. Tal e como afirma o colectivo morracense, esta campaña poñerase en marcha a mediados do presente mes de febreiro e permanecerá operativa ata principios de marzo. O obxectivo é que "os veciños da comarca poidan gozar das rúas cheas de versos e poesías, a través do seu comercio local".

Por outra banda, Fecimo tamén ten previsto desenvolver un sorteo promocional a través das redes sociais. Esta iniciativa, cuxas bases serán dadas a coñecer proximamente, tamén forma parte do programa previsto para render homenaxe a Rosalía de Castro. A federación agarda unha gran participación por parte do tecido empresarial de Bueu, Cangas e Moaña. Todos aqueles establecementos interesados en tomar parte en esta iniciativa poderán darse de alta chamando ao número de teléfono 986 30 50 00.

Esta é unha das numerosas iniciativas que Fecimo desenvolve para promocionar e poñer en valor tanto a lingua galega como a cultura local, algo que leva facendo desde hai anos.

Fecimo rendirá homenaje a Rosalía de Castro en su próxima campaña
Comentarios