Feijóo di que Rajoy non o vai chamar para Madrid xa que lle é útil en Galicia

Alberto Núñez Feijóo pasou esta semana polo Foro ABC e deixou claro que quere cumprir o seu “compromiso” con Galicia. “Rajoy non me vai chamar para traballar con el. Faría mal en pedirlle ao presidente galego que se vaia para Madrid”, dixo en presenza de Cospedal. E lembrou que a Fraga lle buscaban sucesor e estivo 16 anos.

A un irmán de Carmen Iglesias, a 'díscola' de EU, pasoulle algo similar

Gonzalo Iglesias Sueiro, socialista que foi delegado de Educación en Ourense co bipartito, viviu un episodio parecido ao de súa irmá, que vai ser deputada no Parlamento galego pero polo grupo mixto xa que EU a vai expulsar. A el vetárano no PSdeG para entrar no Hórreo en 2001. A historia repítese na familia.

'The New York Times' inclúe Galicia como "potencial Estado soberano"

The New York Times, un dos diarios máis prestixiosos do mundo, incluíu a Galicia como “potencial Estado independente” nun dos seus informes sobre procesos soberanistas no mundo. E di que as accións de ETA “desgustaron a moitos vascos” mentres que o independentismo “gaña terreo” na Cataluña de Mas.

Comentarios