Feijóo exerce de profesor con Pachi Vázquez no Parlamento de Galicia

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, díxolle días atrás a Pachi Vázquez, o portavoz do PSdeG: “Doulle un aprobado en arte dramática, pero un suspenso en ética e matemáticas”. Foi durante unha sesión plenaria no pazo do Hórreo. Noutras ocasións, o socialista pedíralle que “non dea clases de nada”.

Á muller de Mariano Rajoy non lle agradou a estadía en Ribadumia
Parece que a Elvira Rodríguez, a dona do presidente do Goberno, non lle agradou moito a estadía na casa de turismo rural de Ribadumia na que pasaron parte do mes de agosto. E non é que lle desgustasen a casa nin a zona, senón o feito de estar case á vista de veciños da aldea e dalgún que outro xornalista.

Ángel Camino Copa, un veterano do PPdeG que lle planta cara a AGE
Ángel Camino Copa, histórico alcalde do Incio (Lugo), xa tivo polo menos dous rifirrafes con deputados de Alternativa Galega de Esquerda nos broncos plenos da Cámara galega. Antes do verán foi con Xosé Manuel Beiras e agora, en setembro, con Consuelo Martínez, á que non dubidou en chamar “fea”.

Comentarios