Fernando Prieto: ''Mis obras transmiten ideas surrealistas aunque parten del realismo''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R
A tenacidade.

P ¿Unha virtude?
R
A forza de vontade.

P ¿Un defecto?
R
Son moi teimudo.

P ¿Un cadro?
R
A Gioconda, de Da Vinci.

P ¿Unha comida?
R
O cocido galego.

P ¿Que nos pode dicir da exposición?
R
Consistirá en 30 obras que tratan de expresar sentimentos a partir dunha pintura realista pero con visións surrealistas.

P ¿É isto algo contraditorio?
R
Non. O realista só é a técnica; o surrealista son as ideas. Por exemplo, teño unha que se chama Rompiendo moldes, que é unha muller saíndo dun ovo, unha visión da creación do ser humano, tema que tratan varias das miñas obras.

P ¿Que sacou en limpo da súa experiencia en Suramérica?
R
Unha esponxa coma min, sempre aprende ao entrar en contacto con outros artistas e culturas. Por exemplo, dei unha charla nunha universidade que ía durar tres cuartos de hora e acabou sendo de tres horas, pois os alumnos e máis eu entendémonos moi ben.

en 1952 e que é dificilísimo conseguir.

Fernando Prieto López

Naceu na Coruña e con só trece anos participou na que era a súa primeira exposición, no Concello de Ferrol

Regresou dunha viaxe por Suramérica que lle serviu para expoñer a súa obra e enriquecerse como artista

Expón a súa obra na galería Xerión, da Coruña, onde permanecerá ata o 8 de marzo

 

Comentarios