Fouces comprométese a mellorar o patio da Escola Infantil da Parda

A concelleira acudiu ao centro xunto a Lores coincidindo co inicio do curso escolar
O alcalde pasou un rato cos nenos da Escola Infantil da Parda
photo_camera O alcalde pasou un rato cos nenos da Escola Infantil da Parda

A Escola Infantil da Parda, a máis grande de Galicia –con 118 nenos e nenas–, contará próximamente cunha mellora do seu patio de recreo. Así o afirmou este martes a concelleira de Educación, Carme Fouces, nunha visita ao centro que realizou xunto ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, co gallo do inicio do curso escolar.

Fouces especificou que traballarán nun proxecto para optimizar a zona de recreo da escola, á que calificou de "emblema das garderías do concello".

Na Escola Infantil da Parda o Goberno local vén de crear un espazo para gardar as cadeiras dos bebés, no marco dunha actuación que supuxo un investimento superior aos 26.000 euros.

Nas previsións agora está a instalación de aire acondicionado na zona de administración, ademáis da citada mellora do patio. "Imos ver se somos capaces de darlle unha dimensión un pouquiño máis pedagóxica e didáctica, porque está un pouco chán de máis", explicou Fouces sobre esta zona.

Comentarios