domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

As choivas e o frío, protagonistas este sábado en Galicia

O tempo adverso manténse e non se aprezarán apenas cambios de cara o sábado e o domingo 

Para a primeira xornada da fin de semana non se agardan cambios significativos, xa que se mantén o aire frío nas capas altas da atmosfera e polo tanto a inestabilidade. Así, Galicia comezará o día cos ceos parcialmente cubertos e co avance da xornada rexistraranse chuvascos, máis probables no interior da comunidade e pola noite a chegada dunha fronte polo oeste deixará chuvias máis xeneralizadas, segundo apunta MeteoGalicia. 

Respecto as temperaturas salienta que as mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo en xeral, de compoñente norte durante o día, rolando a compoñente oeste pola tarde e a sur pola noite, cando aumentará en intensidade, sendo forte no litoral.

undefined

Temperaturas mínimas e máximas 
A Coruña 14° 18°, Ferrol 14º 18°, Lugo 12° 18°, Ourense 14° 20°, Pontevedra 13° 18°,  Santiago de Compostela 12° 17° Vigo 14° 19°

As choivas e o frío, protagonistas este sábado en Galicia
Comentarios
ç