Unha fronte fría chega a Galicia este martes

As precipitacións serán escasas
Clima en la tarde del martes. METEOGALICIA
photo_camera Clima na tarde do martes. METEOGALICIA

O martes unha fronte fría chegará a Galicia e ao seu paso deixará moi pouca precipitación, pero traerá aire frío que irá entrando de norte a sur co avance do día, segundo informa Meteogalicia.

Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias máis probables na provincia da Coruña pola mañá que se estenderán de forma puntual a outros puntos á tarde.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas sufrirán un descenso máis acusado na metade norte. O vento soprará frouxo; comezará o día de compoñente sur e co paso da fronte cambiará a compoñente norte.

Meteogalicia

Comentarios