sábado. 19.10.2019 |
El tiempo
sábado. 19.10.2019
El tiempo

Galicia recibe o venres con ceos despexados e altas temperaturas

Este venres, os galegos poderán gozar dun día de praia. ADP
Este venres, os galegos poderán gozar dun día de praia. ADP

Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos no interior, moderados na costa

Galicia continuará baixo influencia das altas presións, aínda que achegándose aire frío en capas altas ó final do día. Con esta situación teremos unha xornada de ceo despexado, con nubes de estancamento a primeiras horas no extremo norte e algunhas nubes medias e altas que entrarán ao final da tarde pola metade sur.

Xa pola noite agárdanse chuvascos que se moverán de sur a norte. As temperaturas máximas ascenderán, acadándose valores superiores aos 30ºC en moitos puntos de Galicia. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos no interior, moderados na costa, con algún intervalo forte entre Bares e Fisterra.

Tiempo

Galicia recibe o venres con ceos despexados e altas temperaturas
Comentarios