sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

Gonzo: ''Espero que no baje el Celta y espero que tampoco el Dépor. El derbi tiene que ser en Primera''

O teléfono apenas dá un ton e Gonzo xa contesta. Está nunha reunión e sae da sala. Nótase que ten traballo polo trafego de pasos, timbres e portas.

P ¿O seu nome artístico ten algo que ver co que se entende como ‘xornalismo Gonzo’?
R
Nada que ver. Xa o teño desde os 9 anos. Era como me chamaban os compañeiros de clase.

P ¿Naceu así ou tivo que adestrarse para ser tan atrevido preguntando?
R
Non é que eu teña cara, non fago ningún esforzo para preguntar. Desde pequeno sempre fun crítico á hora de escoitar as noticias da actualidade. De feito, na casa dos meus pais sempre se comentaban en alto as opinións mentres viamos o Telediario á hora de comer. Pero ás veces teño que facer o esforzo de non botarme atrás e insisitir preguntando.

P ¿Definiría o seu traballo como humorístico ou xornalístico?
R
Gustaríame que a xente entendese o meu traballo como xornalismo. O que pasa é que na televisión sempre traballei cun alto contido de humor. Pero hai un xénero xornalístico que é a sátira, e iso é o que fago eu. Para nada me considero humorista; de feito non teño demasiada graza nin humor ao falar.

P ¿As preguntas incómodas ocórrenselle a vostede ou ten guionistas que o axudan?
R
Unha mestura; a min ocórrenseme preguntas, pero tamén axudan os guionistas. Ás veces hai que ser espontáneo e durante a entrevista xurden novas preguntas que facer.

P Tamén lle fai ese tipo de preguntas ao seu xefe, Wyoming. ¿Será unha brincadeira, non?
R
Claro, iso si que é humor. Foi unha idea concibida como un chiste pero coa finalidade de amosar que nós tamén nos rimos de nós mesmos e das nosas contradicións. Iso xustifica que nos atrevamos logo a meternos coa xente.

P ¿Vostede veríase capaz de facer falar a Rajoy dos sobres en ‘B’?
R
Rajoy diso non vai falar nin co seu psiquiatra (ri). Un home que se presenta tres días despois dun escándalo como este por Skype ou algo parecido deixa claro que non quere falar. Cando eu traballaba con CQC, el estaba na oposición e era moi dado a falar. Incluso me sentei ao seu carón nunha destas merendas que monta o PP en Galicia e puiden entrevistalo en varias ocasións. Pero desde que estou no Intermedio e desde que goberna, nunca me contestou, por iso me temo que non vou poder facer nada. Só se puidese usar a violencia, pero non vou chegar a eses extremos (ri).

P ¿Cal das súas reportaxes lembra con máis simpatía?
R
A que probablemente tivo máis repercusión e deu importancia ao programa foi a de Ana Botella. Perseguímola indo pola mañá á perruquería en coche oficial. Foi unha reportaxe para consolidar a miña sección no programa.

P Hai semanas saía a noticia de que a Real Sociedad gastara 300.000 euros en medicamentos. ¿Atreveríase tamén a denunciar tramas no deporte?
R
Non me adico ao xornalismo deportivo. Creo que lle pasaría esa información a algún compañeiro que traballe nese ámbito.

P ¿Tamén se se tratase do Celta?
R
Custaríame bastante porque non son imparcial en absoluto. Seríame moi difícil.

P Vostede é abonado. ¿Baixará o prezo na próxima tempada se descende a Segunda?
R
Se baixa será máis barato, obviamente. Pero prefiro pagar máis, non o dubides (ri).

P ¿E fará festa se o Dépor baixa?
R
Non, ¡meu pai é do Dépor! Ademais tampouco desexo que baixe o Dépor, non teño ese odio. Prefiro que haxa derbi en Primeira.

TITULARRRRR

P ¿Fixo trampa algunha vez?
R
Si, copiando nos exames; esa foi a máis recente que fixen.

P O peor que fixo nun ataque de xenreira...
R
Non teño moitos, pero nada que non se puidese solucionar vinte minutos despois pedindo desculpas.

P ¿Levou algunha vez algo sen pagar?
R
Unha vez collín unha revista e unhas pilas en El Corte Inglés. Tiña 14 anos e ao día seguinte ía de excursión, por iso collín as pilas para o walkman e a revista para ver no autobús. Pilláronme. Só foi un intento de roubo.

P ¿Que sería capaz de facer por un millón de euros?
R
Nada que non fose honrado ou do que me puidese arrepentir.

P Fáiselle a boca auga cando...
R
Cando penso nas vacacións, en estar nas Rías Baixas unhas semanas.

P A preguiza vénceo...
R
Sobre todo os luns.

P ¿A que non se pode resistir na mesa?
R
A moitas cousas: marisco, terneira, un bo viño... Na mesa é fácil conquistarme.

P ¿De que se sente máis orgulloso de si mesmo?
R
De poñer en práctica todo o que me ensinaron os meus pais.

P ¿Pode vivir sen espello?
R
Si, non é algo obsesivo.     

P Se puidese ser calquera persoa, ¿quen sería?
R
Vanme bastante ben as cousas como para cambiarme por alguén.

P Arrepíntese de...
R
Agora mesmo non me vén nada á cabeza.

P ¿Cal foi a última mentira que contou?
R
Probablemente á miña filla, para convencela de que fixera algunha cousa.O.

Gonzo: ''Espero que no baje el Celta y espero que tampoco el...
Comentarios
ç