''Habrá que ir pensando en primar a los residentes que sí estén empadronados''

Por poboación real, Santiago debería escalar posicións no ranking urbano de Galicia, pero as cifras do padrón son reticentes. ''Temos unha contradición tremenda: polo lixo que se produce ou pola auga que se consume, todos os expertos nos din que somos 140.000 habitantes pero empadroados temos 95.000'', sinala Bugallo, reacio a adoptar medidas que penalicen aos que non figuran no padrón. Porén, considera que ''haberá que ir pensando en primar ao que si está empadroado''.

Pregunta: Agora que se fala do metro lixeiro de Vigo ou Coruña, ¿sería desexable en Santiago?

Resposta: Parécenos ben que se estude a posibilidade dun metro lixeiro e de feito temos unha previsión na que priorizamos a posibilidade dunha liña co aeroporto e despois unha conexión con Bertamiráns e Os Tilos. Pero, con absoluta franqueza, non me parece pensable a curto-medio prazo, polo escenario económico actual e tendo en conta a estimación de custos.

P:
O adiado indulto para 'os tres do Eixo' é unha boa nova que deixa un sabor agridoce?

R: Chegou cando puido chegar e eu sentín un gran alivio. Condeno con rotundidade a agresión sufrida polo policía pero, con absoluto respecto á xustiza, partéseme a alma intentar reparar unha desgraza ocasionando outra. Creo que houbo un certa sensibilidade pero, sinceiramente, o castigo non foi blando senón moi duro. Espero que todos poidamos pasar esa páxina e mirar para adiante.

Comentarios