Henrique Sanfiz: ''La filosofía de Bóveda es la contraria a la que tienen los directivos de las cajas de hoy''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R
A nosa terra.


P ¿Un lema na vida?
R
Facer felices os que nos rodean.


P ¿Un personaxe galego?
R
Alonso de Orozco.


P ¿Como nace a iniciativa de ‘Bóveda, un alegato pacifista...’?
R
En 2013 cúmprense 110 anos do seu nacemento. Ademais, el foi o creador da Caixa de Aforros de Pontevedra e insistiu na necesidade de que as caixas deban vincularse á contorna social na que reinvestir os seus beneficios, filosofía oposta ás peripecias dos directivos das caixas actuais.


P Unha figura moi pertinente...
R
Si, mesmo nos chegan achegas de mecenas de Madeira, Brasil, Bruxelas ou Montana (EE UU). Mesmo Paul Preston nos enviou unha felicitación pola iniciativa na que di que se compromete a difundir a obra nas redes sociais.


P ¿Que revela o libro sobre Bóveda?
R
El era un católico convencido e practicante que nunca fixo mal a ninguén e traballou por Pontevedra e Galicia, algo que desmonta as acusacións do franquismo de ser home de mal vivir. 

Henrique Sanfiz

Nado en Fene en 1962, é director de Radiofusion.eu e tamén promotor da iniciativa Vitaminas para o Galego


Difunde a banda deseñada
Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza, de Carlos Sardiña e Pitusa Arias


A iniciativa finánciase a través de Verkami.com e vai ser presentada hoxe (venres) no CITA da cidade de Pontevedra 

Comentarios