Homenaxe ás vítimas do franquismo en San Simón

A illa acolleu a preto de 400 persoas para lembrar que o espazo serviu como campo de concentración para os opositores ó réxime fascista
Centos de persoas trasladáronse á Illa para participar na homenaxe anual ás vítimas do franquismo
photo_camera Centos de persoas trasladáronse á Illa para participar na homenaxe anual ás vítimas do franquismo

A Illa de San Simón acolleu este domingo pola mañá a homenaxe ás vítimas do franquismo organizada polo colectivo Iniciativa Galega pola Memoria.

Cerca de 400 persoas acudiron á illa para lembrar que este espazo funcionou como campo de concentración para opositores ó alzamento fascista entre 1936 e 1943. Precisamente esta edición da homenaxe reivindicou a memoria dos presos dos campos de prisioneiros franquistas que se habilitaron por toda Galicia. A organización do evento reclamou, como vén facendo, a aprobación e aplicación de novas políticas para a recuperación da memoria histórica e que se devolva a San Simón a denominación de 'Illa de Memoria', que foi retirada polo Goberno de Feijóo.

Comentarios