Idades, 15 anos coidando de ti

A empresa de atención sociosanitaria nacida en 2007 en Pontevedra xa está presentada en 24 concellos de Galicia 
Unha traballadora de Idades prestando os seus servizos nun domicilio. DP
photo_camera Unha traballadora de Idades prestando os seus servizos nun domicilio. DP

Idades é unha empresa especializada na atención sociosanitaria que comezou a dar os seus primeiros pasos na cidade de Pontevedra no ano 2007. Na actualidade está presente en 24 concellos de Galicia a través, entre outros, dos servizos municipais de Axuda no Fogar.

"Somos unha empresa de referencia obrigada en Galiza na prestación de servizos asistenciais pola nosa proxección e logros alcanzados. Somos unha empresa 100% galega e coidamos en galego", destaca o xerente da empresa, Víctor Durán.

A función principal dos traballadores é, segundo destacan dende Idades, ofrecer un servizo de carácter integral, preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador no que se articulan un conxunto de servizos e técnicas de intervencións profesionais consistentes na atención persoal, doméstica, de apoio psicosocial, familiar, convivencial, de relación co entorno e outros prestados a domicilio a aquelas persoas que, por calquera circunstancia, teñen limitada a súa independencia funcional ou que atravesan unha situación de dependencia en maior ou menor grao.

"Coidar, un verbo tan breve e aparentemente sinxelo. É o máis importante do ser humano. Grazas a iso, existimos e tamén grazas a iso enfrontamos a pandemia"

Xunto cos servizos de atención e coidado a persoas dependentes, Idades ofrece tamén asesoramento para trámites burocráticos e de xestión.

Aínda que moitos dos usuarios de Idades pertencen aos programas públicos de Axuda no Fogar, tamén é posible facer uso dos seus servizos de xeito privado.

As traballadoras sociais municipais e os centros de saúde son os que inician os procedementos para poder formar parte dos programas municipais de axuda a domicilio.

Humanidade. Un dos factores diferenciais de Idades con respecto a outras empresas de servizos sociosanitarios é o seu carácter cercano e familiar. "Son as persoas o que realmente nos importan, razóns polas que tratamos de que sexan precisamente os nosos usuarios os que dean sentido ao que facemos. Sendo deste xeito recoñecidos como unha organización sólidamente estruturada, comprometida coas potencialidades do ser humano, o seu desexo de superación e crecemento constante", apunta Durán.

"Aquí o principal son as persoas e non os beneficios econonómicos. Préstase o servizo baixo o punto de vista humano, hai preocupación real polos usuarios e polas súas familias. Somos persoas e tratamos con persoas. Levo máis de vinte anos traballando no sector e unha das cousas que máis me chamou a atención cando cheguei a Idades foi o carácter famliiar e humano de todo o equipo", indica a coordinadora do servizo de Axuda no Fogar de Idades en Pontevedra, María José Fernández.

A calidade humana do plantel de Idades quedou demostrada durante a pandemia, unha etapa que resultou "moi complicada". "A carga emocional durante os primeiros meses de pandemia foi altísima. As auxiliares fixeron un traballo excepcional e, en xeral, todo o equipo comportouse de maneira fantástica", conclúe Fernández.

Víctor Durán, xerente de Idades SL: "O Servizo de Axuda no Fogar xogou un papel moi importante na contención da pandemia"

Cada vez máis persoas dependentes precisan de axuda ► O xerente de idades explica a relevancia do sector

O avellentamento da poboación e a actividade laboral das familias provocan que o servizo de Axuda no Fogar sexa cada vez mais demandado. O xerente de Idades SL, firma pontevedresa especializada na atención sociosanitaria, achega nesta entrevista o seu coñecemento sobre a realidade do sector e explica porqué a atención sociosanitaria é un servizo cada vez mais demandado.

Que é o servizo de Axuda no Fogar?

O Servizo de Axuda no Fogar forma parte integral dunha carteira de servizos que desenvolve unha política social activa no ámbito da Dependencia ao erixirse coma un dos seus piares fundamentais. Debemos consideralo, en toda a sua extensión, coma un servizo de calidade sostible, eficaz e eficiente orientado as persoas beneficiarias e sua contorna. Dende Idades temos claros estes aspectos do mesmo xeito que somos conscientes do crecente dinamismo que presenta a dia de hoxe este servizo feito que se pode observar non só no número de persoas usuarias senón tamén no fluxo de persoas traballadoras que se sustentan deste servizo.

"Este servizo está moi ben valorado, permite que o usuario sexa coidado no seu entorno natural"

Que papel cree que xogou o servizo de Axuda no Fogar na última década?

Amosou unha extraordinaria versatilidade ante un enorme abano de circunstancias. Na crise do 2009 permitiu a moitas persoas desempregadas atopar un emprego e a outras moitas reorientar o seu perfil profesional e acceder ao mercado laboral. Na crise sanitaria vivida neste último ano, xogou tamén un importantísimo papel de contención da pandemia, xa que permitiu seguir coidando das persoas mais vulnerables, reducindo os riscos de contaxio aos mínimos posibles a pesares de ter en conta a enorme dificultade que supoñía a falta de acceso aos EPIS -Equipos de Protección Individuais-. Os datos de contaxios dentro deste servizo foron e están sendo moi positivos fronte aos sufridos por outros servizos dependentes do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD). En Idades estamos convencidos de que este servizo converteuse xa no segundo piar máis importante do noso Estado de Benestar despois da sanidade. 

Como perciben este servizo as persoas usuarias?

Este servizo, altamente comprometido cos dereitos das persoas usuarias, está moi ben valorado polas persoas beneficiarias e polas suas unidades de convivencia xa que lles permite unha mellor compatibilidade da vida persoal, familiar e laboral. Ademais, permite que o usuario sexa coidado no seu entorno natural.

"Estamos en máis de 20 concellos da provincia e melloramos a calidade de vida de 2.000 usuarios"

Cal é o ámbito de influencia no que Idades presta os seus servizos?

Prestamos os nosos servizos alá onde se nos requira. Actualmente estamos en máis de 20 concellos da provincia de Pontevedra así como na Mariña lucense, Serra de Meira, terras de Betanzos... Coidamos e melloramos a calidade de vida de preto de 2.000 usuarios, que son atendidos por un equipo de profesionais integrado por 723 auxiliares baixo a coordinación e supervisión de 33 traballadoras sociais con alta experiencia no Servizo de Axuda no Fogar. A calidade e implicación da nosa labor foi posta a proba durante a dura pandemia que asolou e está asolando a poboación e que Idades puido afrontar grazas ao extraordinario traballo do persoal que consolida o noso equipo, obtendo premios e recoñecementos como os outorgados polos concellos de Mos e Poio.

María José Fernández, responsable do SAF de Idades en Pontevedra: "O noso compromiso é mellorar a calidade de vida do usuario"

Servizos. Aseo, tarefas domésticas e psicosociais son as atencións que se ofrecen na axuda no fogar

A responsable do Servizo de Axuda no Fogar de Idades no Concello de Pontevedra e traballadora social, María José Fernández, explica o seu traballo.

Que tipo de atención se ofrece aos usuarios do servizo de Axuda no Fogar de Pontevedra?

O mais habitual é a atención ás necesidades básicas (aseo, mobilizacións...) pero tamén axudamos en tarefas domésticas imprescindibles como cambiar as sábana da cama, lavar a roupa do usuario... porque de pouco vale que unha persoa estea aseada se non ten roupa limpa que poñer. Dende o inicio da pandemia notamos tamén un incremento na necesidade de realizar tarefas psicosociais. Vimos como, debido ao tempo de encerro, algúns usuarios comenzaban a desorientarse e a perder a noción do tempo. Falar cos nosos profesionais axudábaos moito. O noso compromiso é mellorar a calidade de vida do usuario. 

Foi moi dura esa primera etapa da pandemia? Como a lembra?

Foi unha situación moi complicada. Tiñamos moitos problemas para acceder aos EPIS, porque non había e porque os servizos de Axuda no Fogar fomos os grandes olvidados. Lembro estar en contacto con médicos e informándonos continuamente, porque as informacións e protocolos cambiaban moi rápido, para saber qué facer e poder formar ao noso persoal. Teño que destacar tamén a gran labor do noso plantel, que foi moi valente. Naquela época, cando non se sabía que era a Covid e como se transmitía, había profesionais que se ofrecían voluntarias para ir aos domicilios dos contaxiados. A pandemia supuxo para nós un inmenso traballo para organizar grupos e axustar axendas porque, hai que ter en conta que, polo medo á transmisión do virus a xente quere que sempre vaia a mesma profesional a súa casa e era moi difícil encaixalo, pero conseguiuse. 

'Permanecer na nosa casa, o tesouro máis prezado', por Esteban Feteira 

As persoas maiores prefiren envellecer na casa, nun ambiente familiar e rodeadas, na medida do posible, das súas pertenzas e seres queridos. Este desexo de envellecer na casa non é simplemente unha preferencia persoal. A Organización Mundial da Saúde resalta que o lugar onde se envellece ten impactos importantes sobre a saúde das persoas: o facelo nun lugar coñecido aumenta os niveis de confianza, independencia e autonomía.

Atendendo a esta realidade, Idades veu redeseñando os sistemas e servizos para incentivar o uso do servizo de apoio no domicilio.

Ademais de respetar as preferencias dos adultos maiores e impactar positivamente sobre a súa saúde, os servizos de apoio domiciliario teñen outras dúas grandes vantaxes. Primeiro, constitúen un alivio das responsabilidades de coidados para os coidadores familiares, liberándoos de tempo para o desempeño do seu traballo normal e permitir o lecer, e impactando positivamente sobre o seu benestar físico e emocional. Segundo, implican un menor gasto en comparación coa alternativa da institucionalización.

Para Idades, este tipo de servizos supoñen un gran desafío que teñen que ver co aseguramento e a garantía dunha óptima calidade na prestación. Para iso, a principal ferramenta que define a Idades consiste en apostar pola formación e acreditación dos recursos humanos do sector. É por iso que os nosos equipos de auxiliares están dotados dunha boa dose de habilidades persoais e sociais, como a paciencia, a empatía, a organización, o trato persoal ou a resilencia, así como unha excelente preparación no manexo de axudas técnicas, cambios posturais ou problemas de mobilidade, sen esquecernos do noso grupo do equipo de estimulación cognitiva para optimizar o funcionamento da memoria.

Por qué Idades?
▶ "Porque promovemos estabilidades nos nosos equipos".

▶ "Porque buscamos a mellora continua".

▶ "Porque somos transparentes na xestión".

▶ "Porque coñecemos máis de preto aos usuarios".

▶ "Porque perseguimos sempre a satisfacción de tódalas partes implicadas no SAF: usuarios, familias, concellos e traballadores".

▶ "Porque poseemos capacidade de adaptación".

▶ "Porque facemos un seguimento continuo".

▶ "Porque aportamos coñecemento".

▶ "Porque abandeiramos a formación".

▶ "Porque somos unha empresa galega cento por cento e coidamos en galego"

Comentarios