Ideas monstrosas

Estes son os contidos que se poderán ler no suplemento do domingo

A recente tradución ao español de Mein Kampf, de Adolf Hitler, é o motivo principal do Táboa Redonda.

O xermanista Xosé Manoel Núñez Seixas analiza a obra, o seu contexto e a percepción na sociedade alemana actual.

Presentamos catro libros da colección que Alianza editou polos cincuenta anos da editorial.

Quinito Mourelle comenta o centenario do dadaísmo.

Nacho Mojón fala da relación especial cun curmán especial, mentres que Portorosa fai crónica dunha visita a Madrid.

Javier Nogueira e Camilo Franco reflexionan sobre o capitalismo dende diferentes puntos de vista.

Antonio Costa describe Lugo a partir dunha ollada simbolista.

Jaureguizar escribe da morte de Frank Sinatra Jr. e dos premios Mestre Mateo.

Comentarios