Iñaki Oyarzábal, secretario general del PP en Euskadi, reconoce que es gay

 No xornal vasco El Correo, o secretario xeral do PP en Euskadi, Iñaki Oyarzábal, asegura: “Hai moitos gays no Partido Popular e é bo que sexamos visibles”. É o primeiro líder deste partido en saír do armario e confesar abertamente a súa homosexualidade, algo que xa fixera ante os compañeiros tras deixar a súa moza.

Zapatero segue correndo e quere acabar os dez mil metros en León

José Luis Rodríguez Zapatero, que administra as súas aparicións públicas tras ser presidente do Goberno, confesa nunha entrevista na revista Runners que segue a practicar footing. E ten a ilusión de correr os dez mil metros en León, a súa cidade, e rematar xunto á catedral. Pero con discreción.

O socialista Joaquín Leguina está cada vez máis preto da dereita

“Dentro de pouco acabará na Fundación FAES de  Aznar”. O comentario, saído de bocas socialistas e reproducido por El Semanal Digital, fala ás claras da evolución ideolóxica do que foi presidente dos madrileños. Joaquín Leguina cada vez está máis aliñado á dereita e é máis crítico co PSOE. ¿Un resentido?

Comentarios