Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

A influenza das TIC centra unhas xornadas de ciencia e comunicación

Facultade de Ciencias Sociais
Facultade de Ciencias Sociais
Medio cento de investigadores participa nas actividade que promove a Asociación Española de Investigación da Comunicación no Campus de Pontevedra

Medio cento de investigadores de universidades de toda España danse cita este luns e o martes en Pontevedra nas II Xornadas Científicas de Comunicación Organizacional, Novas Formas de Publicidade e Relacións cos Públicos da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC), que se desenvolven na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Expertos nos eidos da comunicación, as relacións públicas, a publicidade e o xornalismo, procedentes de diferentes universidades españolas, tomarán parte neste encontro organizado pola AE-IC xunto co grupo de investigación CP2.

Trátase dunhas xornadas promovidas pola sección de Comunicación estratéxica e organizacional da asociación máis grande de España de profesorado e investigadores do ámbito da comunicación que pretenden dar resposta á pregunta de como a sociedade da comunicación e as TIC teñen variado nos últimos anos as relacións das organizacións cos seus públicos.

Estas xornadas pretenden dar resposta a como as TIC teñen mudado as relacións das organizacións co seu público

Os diferentes aspectos que entran en xogo na comunicación de organizacións públicas e privadas son o eixo do traballo desta sección, que dirixe o profesor da USC Francisco Campos e da que forman parte varios investigadores da facultade, sección que promove anualmente unhas xornadas científicas dirixidas a poñer en común as diferentes investigacións e liñas de traballos dos investigadores e investigadoras da asociación neste eidos.

O programa. Estruturado en seis mesas redondas -sobre comunicación organizacional, comunicación política e medios sociais, difusión da investigación, relacións públicas e cos públicos, novas formas de publicidade e visións estratéxicas e tendencias-, as xornadas que o grupo CP2 promove coa colaboración da Vicerreitoría do campus, permitirán reunir en Pontevedra a algunhas das persoas que están levando a cabo as investigacións máis pioneiras e exitosas no ámbito da comunicación que se están producindo en España.

O investigador da Universidad Jaume I de Castellón Andreu Casero ou o profesor da Complutense de Madrid Timoteo Álvarez, xunto con representantes do eido profesional como a directora de comunicación do 112 en Sevilla, Pilar Limón, figuran entre os preto de 20 relatores e relatoras que participarán nestes seis paneis, aos que se sumará a presentación de máis de 50 comunicacións de distintos investigadores.

O programa destas xornadas científicas que acolle durante o día de hoxe o campus pontevedrés complétase cunha sesión de presentación de libros e proxectos dos e das integrantes desta sección, que terá lugar mañá. Tamén se dará conta de tres proxectos de investigación, financiados polo Ministerio de Economía y Competitividad promovidos por integrantes da rede.

A influenza das TIC centra unhas xornadas de ciencia e comunicación
Comentarios