Japito, o 'Fitipaldi de Carballo', puxo en perigo a vida de moitos axentes

De La Voz: “A traxectoria do carballés Benjamín López, Japito, de actualidade por converterse no delincuente con máis condenas por condución temeraria de España, deixa tras de si un regueiro de situacións altamente perigosas, nas que incluso puxo en risco as vidas de axentes das forzas de seguridade”.

Garcilaso de la Vega, con nome de poeta, lidera xa Converxencia 21

Garcilaso de la Vega, a quen non debemos confundir co poeta e militar toledano do Século de Ouro, é o novo líder de Converxencia 21. Este licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago substitúe a Carlos Vázquez Padín, que levaba no cargo desde 2009 e é un dos fundadores deste partido liberal.

Encontro de Feijóo con Bragaña ao pouco do desencontro con Beiras

Horas despois de que Beiras lle petara no escano, nunha imaxe que deu a volta a España, Núñez Feijóo foi visto ceando nun restaurante compostelán con José M. Castelao Bragaña, quen dimitira no consello xeral de Ciudadanía Española en el Exterior por unha desafortunada frase sobre as mulleres.

Comentarios