Jessica González: "A min pérdeme moito comer"

Clasificada entre as doce primeiras no Miss World Spain. A moza remata este ano o dobre grao de Dereito e Políticas
Jessica González
photo_camera Jessica González

1. Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?
O que máis me gusta é ser un referente para a xente, expoñerme a que a xente poida escoitar as miñas mensaxes. O que máis me desguta é a idea de que os certames de beleza son só unha cara bonita. Hoxe non é así.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...
Ao mesmo, sen dúbida.

3. O soño que máis se repite é...
O meu soño é poder representar ao meu país algún día nun certame internacional.

4. Estraña algo do que foi deixando atrás?
Son unha persoa que pensa que, se no momento pensaches que foi boa idea, non te debes arrepentir.

5. A quen admira?
Á miña nai. Paréceme a persoa máis forte, con máis personalidade e máis loitadora deste mundo.

6. Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?
Do único que me arrepinto é de non meterme antes neste mundo.

7. Votou nas últimas eleccións?
Como estudante de Ciencias Políticas... claro que votei.

8. Atrévese a dicir a quen?
Se o voto é segredo, é por algo.

9. Que coche ten?
Un Opel Astra, de hai case 20 a nos.

10. Cal foi o capricho máis caro que mercou?
Non son caprichosa, pero o máis caro que teño é o móbil. Gústame moito a tecnoloxía.

11. Cal é o seu ben material máis prezado?
Un peluche que teño dende pequena 

12. Unha toleada que fixera por amor...
Son unha persoa que pensa moito nas cousas antes de facelas.

13. Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?
As mentiras, nin á parella nin a ningunha amizade.

14. Teñen algún pacto?
Non teño parella.

15. Envexa algo doutro sexo?
Non creo que haxa que envexar nada. Creo na igualdade.

16. Que libro ten enriba da mesiña de noite?
A Sonatina, de Ruben Darío. Gústame moito a poesía.

17. Non sae da casa sen...
Sen o móbil, para ser sinceira.

18. Que pecados capitais desculpa?
A gula, como boa galega. Pérdeme moito comer.

19. Algo que nunca falte na súa neveira.
Soa triste, pero auga. E froita, gústame moito.

20. Pérdea un bo...
Unha boa pizza.

21. Unha prenda que desteste.
Gústame moito a moda, e máis ou menos todas as prendas, pero non me gustan nada os panos curtiños.

22.As súas mellores vacacións.
Cando fun soa a Canadá con 17 anos para estudar alí.

23. A súa viaxe soñada sería a...
A Australia. E se Deus quere, cumprireina en xaneiro.

24. A paisaxe que máis a impresionou.
A praia de Abrela, onde vivo. Segue sendo o lugar máis bonito que coñezo e recordo.

25. A súa materia pendente.
Aprender máis idiomas, como chinés ou árabe.

Comentarios