Jorge Canda: ''Dimitir por quedar sen salario? Nunca. Débome aos veciños e seguirei, con soldo ou sen el''

A bo seguro que Jorge Canda descoñece que, como moitos alcaldes de Galicia, ten a súa pequena entrada nesa enciclopedia virtual e de creación colectiva que é a Wikipedia. Alí, dende xullo de 2012, figura como "axente de seguros e antigo militante e candidato do CDS, que nas eleccións municipais de 1999 encabezou como independente a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía da Lama". Dende aquela maioría absoluta choveu moito e cambiaron ata as siglas que representa. No seu decimocuarto ano de mandato, o ‘popular’ Canda está facéndolle fronte aos máis desatinados e virulentos capítulos da crónica municipal.

Como ve o ambiente político na Lama? Hai demasiada tensión na Corporación?

Non. Vese que o PSOE ten que sentar as bases e centrarse na súa función. Non se pode dicir que o tenente de alcalde cobre ás agachadas cando nunca levamos o asunto ao Pleno. Están aí as actas para velas. Foi unha decisión dos compañeiros para que el non renunciara á paga extra, porque traballa moito e fai un labor que non é de tenente alcalde, senón máis ben dun empregado.

Cales son as súas tarefas?

Adícase a todo. El traballaba na súa empresa. Tivemos que animalo para que collera a adicación porque viña a cobrar moito menos do que gañaba, pero deixouno. Leva todos os traballos menores: saneamento, lixo, augas, muros que hai que repoñer. É coma o xefe de todo o personal que temos. Hai un plantel de 13 personas por seis meses. Traballa a xornada completa por 1.100 euros.

Unha cousa que dicía a oposición é que incumpriu o acordo de partido do PP de renunciar ás extras que foi anunciado daquela dende Pontevedra…

O partido? Aquí o partido somos nós e decidimos que o tenente de alcalde cobrara. O presidente son eu, e tomamos esa decisión. Certo que nese Pleno acordaron renunciar aos 30 euros de dietas, os do PSOE e os do PP. Pero nada máis. Non se falou da paga extra do tenente de alcalde.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios