Jorge Castillo gaña o Laxeiro 2013 pola divulgación da arte galega no exterior

Unha das obras de Jorge Castillo. arquivo
photo_camera Unha das obras de Jorge Castillo. arquivo

VIGO. O artista pontevedrés Jorge Castillo recibiu onte en Vigo o premio Laxeiro 2013, outorgado pola Fundación Laxeiro na memoria do creador lalinense.

O acto tivo lugar na cidade olívica e contou coa asistencia do presidente da Fundación Laxeiro e alcalde de Vigo, Abel Caballero; o secretario xeral do organismo, Carlos García-Suárez; o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad, e o propio Jorge Castillo.

O artista agradeceu o galardón asegurando sentirse emocionado aínda que non merecedor del. Neste sentido, lembrou cando coñeceu a Laxeiro en Arxentina nos anos cincuenta, que foi «un exemplo a seguir, pola autenticidade e humanidade que desprendía».

Ademais, lembrou cando expuxo na Fundación Laxeiro en 2004, un feito do que garda «un entrañable recordo polo trato recibido».

Pola súa banda, Abel Caballero salientou o labor artístico de Castillo, que, ademais, fixo incursións no mundo da literatura e o cine. Así, agradeceu ao artista a súa «entrega absoluta» levando a súa arte por todo o mundo, principalmente Alemaña, Suiza, Bélxica e Estados Unidos.

Así mesmo, o conselleiro de Cultura asegurou que «Laxeiro colocou a arte galega no cumio da plástica moderna, no lugar reservado aos máis grandes».

Comentarios