Juan Flórez

Encravada nunha das arterias comerciais máis salientables da cidade herculina, xunto á encantadora e máxica rúa Real e a non menos lendaria rúa San Andrés, e cunha extensión en metros cadrados considerable, teño hoxe o pracer de presentarlles a Juan Flórez, do cal, pese á liturxia, apenas constan datos. Sabemos que naceu na cidade de Ferrol o 9 de xaneiro do ano 1799, que fixo carreira naval ingresando no corpo de Gardas Mariñas, e que, rematados os estudos na cidade ferrolá, é nomeado alférez de fragata.

En 1834 múdase á Coruña e ocupa o cargo de oficial segundo da Subdelegación de Fomento, acadando o acceso á cadeira de María Pita no consistorio herculino e destacando polo impulso do ferrocarril entre a cidade da Coruña e Madrid. E tamén sabemos que a pesar de ser moi popular no século XIX, foi tan esquecido que a casualidade fixo que se achara o seu retrato agochado nun almacén municipal, e que desde o ano 1900 teña unha rúa no seu honor, que substituíu ás devanceiras Camino Nuevo ou Carretera de Castilla.

Comentarios