Jueves. 23.11.2017 |
El tiempo
Jueves. 23.11.2017
El tiempo

Lanzan DepoVerde para impulsar a produción hortofroiteira e apícola

Un apicultor sostén un panal de abellas
Un apicultor sostén un panal de abellas
O plan da Deputación é mellorar a empregabilidade nas zonas medioambientalmente protexidas

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou DepoVerde 2017, un novo proxecto dirixido a mellorar a empregabilidade nas zonas medioambientalmente protexidas da provincia. A inicitiva ten un orzamento de 138.387 euros e conta con financiamento dos Fondos Europeos a través de ‘Empleaverde 2017’, da Fundación Biodiversidad. O obxectivo é impulsar as producións hortofrutícolas e apí- colas de calidade para mellorar a empregabilidade dos habitantes de espazos protexidos.

Por iso, desenvolverase en zonas da Rede Natura e irá destinado a persoas interesadas en levar a cabo unha iniciativa empresarial ou que pretendan traballar nos ditos sectores. Ao abeiro deste programa impartiranse 16 accións formativas, presenciais e en liña, en relación á apicultura e á hortofl oricultura sustentable. Por unha banda, organizaranse obradoiros para facer un uso máis eficiente dos recursos naturais a través dunha actividade plenamente integrada no medio, contribuíndo á conservación da biodiversidade e da paisaxe nestas zonas e, pola outra, impartirase formación xeral sobre os conceptos básicos e necesarios para emprender unha explotación hortofrutícola sustentable.

O proxecto pretende impulsar as producións hortofroiteiras e apícolas de calidade nas Zonas de Especial Protección para Aves (ZEPA) de Pontevedra (como as Illas Cíes, o Complexo Intermareal Umia-O Grove –A LanzadaPunta Carreirón-Lagoa Bodeira, a Illa de Ons ou o Esteiro do Miño) e os Lugares de Importancia Comunitaria propostos de Pontevedra (como as Cíes, o Monte do Faro, o Sistema fl uvial Ulla-Deza, o Río Lérez, A Ramallosa, o Complexo Ons-O Grove, o Monte Aloia, o Río Tea, o Baixo Miño, as Brañas de Xestoso, Cabo Udra, a Costa da Vela, as Gándaras de Budiño, as Illas Estelas, a Serra do Candán e do Cando, as Sobreirais do Arnego e a Enseada de San Simón).

A iniciativa estará cofi nanciada entre o Fondo Social Europeo, a Deputación e a Agrupación de PequeñosAgricultoresy Ganaderos de Andalucía, que é socia da iniciativa.

Lanzan DepoVerde para impulsar a produción hortofroiteira e apícola