Leire Pajín amplía o seu contrato na ONU cunha elevada retribución

Comentan os dixitais que a ex ministra e ex líder socialista Leire Pajín non ten previsto volver a curto prazo á política activa. De momento ampliou o seu contrato na ONU e seguirá nos Estados Unidos cun salario de 137.000 euros anuais, moi por riba do de deputada pero por baixo do da súa amiga Bibiana Aído.


Fernando Alonso defende a súa ex malia o ‘pesadelo’ de Eurovisión

O piloto Fernando Alonso amosouse a través das re-des sociais satisfeito da actuación da súa ex muller, Raquel del Rosario, no festival de Eurovisión, onde o seu grupo, El Sueño de Morfeo, quedou na penúltima posición. Tal foi a decepción que agora o conxunto é coñecido tamén como O Pesadelo de Morfeo.

Ana Botella subvenciona unha web de contactos con 42.500 euros

A páxina web de contactos en internet gUparty recibiu unha axuda de 42.500 euros do Concello de Madrid, que preside Ana Botella. A concesión foi xustificada esta semana polo organismo Madrid Emprende na comisión municipal de Economía ante a sorpresa do portavoz de UPyD, David Ortega, pola subvención.

Comentarios