Lobelle despídese dos playoffs

O Autos Lobelle dille definitivamente adeus ós playoffs para o título de Liga depois de caer 9-6 na cancha do PSG Móstoles.

O partido foi dunha enorme intensidade, cun ritmo trepidante no que a pesar da cantidade de goles os porteiros dos dous equipos ofreceron un recital de grandes paradas. O Lobelle tivo ocasión de deixar sentenciado o partido ó inicio da segunda parte pero a falta de control acabou por meter ó equipo local outra vez no partido, que estivo moito máis fino nos minutos finais.

O equipo compostelán queda así sen opcións de meterse na loita polo título. De ter gañado chegarían a última xornada con opcións trala derrota do Playas de Castellón fronte a Boomerang Interviú e o empate do Carnicer con Benicarló.

Comentarios