Luis Guitián, alcalde de Sober: ''O obxectivo da feira xa non é vender, senón promocionar o viño''

O viño de Amandi está en plena forma, milenario na súa tradición e aínda novo nas súas posibilidades. Luis Fernández Guitián recoñéceo como o tesouro do concello de Sober, e
por iso, nos tres anos á fronte da alcaldía, un dos seus obxectivos fundamentais foi dinamizar e promocionar este produto que ten na Feira do viño de Amandi a súa cita imprescindible.

Que expectativas ten postas o Concello de Sober na feira deste ano?
Agardamos o éxito acadado nas edicións anteriores. Esta feira é a única Festa de Interese Turístico de Galicia declarada na zona, e a feira do viño máis antiga da Ribeira Sacra. Isto xa é un gran reclamo, ao que se lle suma este ano a presencia do músico Carlos Núñez. A previsión meteorolóxica para a fin de semana é boa, polo que todo apunta a que sexa un éxito.

''As adegas produtoras están innovando de maneira constante''

Sempre se lle deu moita importancia á música na feira. A banda de Sober, da que forma parte, é das máis antigas das máis antigas de Galicia.
A Feira do viño viño, e ten por fin homenaxear aos colleiteiros e ao viño. Pero non pode haber unha festa sen música, e este ano o punto forte neste sentido daráo o músico vigués.

Cal é o obxectivo dunha feira tan consolidada?
O obxectivo xa non é vender viño, como podía selo nos seus comezos, porque hoxe cada adega ten a súa distribución. O obxectivo é dar a coñecer os viños e darlle ao viño o prestixio e o nivel que acadou. Para isto temos cataviños, degustacións... Non é unha feira ao uso, xa que o importante non é a venta.

O Mes do Amandi remata coa feira. Pode facer unha valoración?

A valoración é excelente. O Mes do Amandi é unha iniciativa que impulsamos hai tres anos. Xa antes da miña chegada ao Concello había actividades previas á feira, pero non organizadas baixo un único nome. O seu obxectivo é que non todo se concentre nun par de días de feira, así como difundir e promocionar o viño de moitas maneiras.

''O viño é o que dá valor á paisaxe de Sober, candidata a Patrimonio da Humanidade como parte da Ribeira Sacra''


Que actividades se fixeron?
Neste mes levamos a cabo distintas propostas: un taller de cata para invidentes, que tivo por obxectivo que o colectivo poidera formar parte deste evento; unha campaña de promoción do viño de Amandi en 30 establecementos da comarca; a presentación dunha guía turística
cun percorrido polo concello contado polos Bolechas; unha xornada de maridaxe de lacón galego e viño de Amandi; un curso de iniciación á cata que tivemos que repetir dado
o alto número de inscricións; e as xornadas sobre as patoloxías da vide.

Cal é a situación do Amandi hoxe en día?
Hoxe o Amandi é un produto completamente recoñecido, e que pode codearse con calquera outro viño do Estado. Conta cunha denominación de orixe e as adegas produtoras están innovando continuamente. Mellorouse a viticultura e a enoloxía, e isto estálle dando novas
posibilidades ao viño, que cada vez máis está presente, e moitas veces é premiado, en feiras nacionais e internacionais.

Como afecta a crise a producióndo viño?
Non afecta moito. As bodegas grandes poden notar un pequeño
baixón, e as pequenas menos.

Que impotancia ten a feira no concello de Sober?

É o evento máis importante do ano. Supón un escaparate ao mundo do viño, pero non só do viño. Na feira tamén poderán atoparse outros produtos como a rosca de Sober, mel do Canón do Sil, cerámica de Gundivós e outros produtos da zona.O viño é o que dá valor a moitas outras iniciativas de promoción turística xa que a paisaxe e a cultura de Sober están vencelladas a el.

Que supoñería para a viticultura a consideración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade?

Un recoñecemento deste tipo só pode ser positivo. É o máis grande que pode gañar unha paisaxe e unha cultura. A candidatura recolle a especifidade do viño na conformación, por exemplo, da paisaxe da Ribeira Sacra. A actividade vitícola é intrínseca á candidatura e ao
posible recoñecemento de Amandi é un evento completamente consolidado.

Comentarios