martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

O Blanco Amor 2009 é para Luis Rei

O escritor pontevedrés Luis Rei gañou a pasada fin de semana o Premio Blanco Amor 2009 de novela longa pola súa obra 'Monte Louro'. O autor, que está a pasar uns días en Nova York, asegurou a Diario de Pontevedra nunha entrevista telefónica que o galardón supón un recoñecemento ao traballo de varios anos, durante os cales tamén publicou 'O señor Lugrís e a negra sombra'.

A edición deste ano do premio celebrouse na localidade lucense de Burela. Aínda que se presentaron 25 obras, só catro chegaron á final, na que a elexida foi a de Rei.

'Monte Louro' conta a historia dun home que se ve obrigado a emigrar e a loita contra a soidade. Ademais de ser unha reflexión sobre a vida, a novela tamén supón unha importante 'fotografía escrita' das paisaxes de Galicia, dous aspectos que o xurado valorou especialmente.

A obra podería chegar ás librerías da man de Xerais este verán.

O Blanco Amor 2009 é para Luis Rei
Comentarios
ç