As madamas e os galáns de Vilaboa volven encher a explanada de Riomaior

Abel Fernández fíxose co premio no xogo do galo no río e Antón Álvarez co galo na vara
Un momento do desfile
photo_camera Un momento do desfile

O Concello de Vilaboa volveu demostrar este martes o bo estado de saúde do seu Entroido de Madamas e Galáns, un dos máis emblemáticos e antergos da provincia, ao conseguir encher de público o recinto da explanada da Casa da Cultura de Riomaior, onde se celebrou o desfile de comparsas, o baile dos emblemáticos personaxes e os xogos tradicionais que sempre contan coa participación dos máis mozos do Concello.

Fontes próximas á organización explicaron que o resultado da convocatoria foi moi satisfactorio en canto a participación, aínda que esta puido ser sensiblemente inferior á de outros anos, en parte, motivado pola ameaza de mal tempo e alerta laranxa que había sobre a provincia. Os datos que manexaba o Concello e a organización falaban de situación estable pola tarde e o prognóstico cumpriuse, polo que a festa non se aprazou, e o público, maioritariamente local, puido gozar do día grande do Entroido.


Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste mércores

Comentarios