Máis de 270 persoas participarán nos obradoiros de 'Depo en Marcha 2017'

Os novos talleres destinados aos maiores comezarán ao longo desta semana en once concellos da provincia de Pontevedra

Máis de 270 persoas de once concellos da provincia de Pontevedra súmanse aos obradoiros que compoñen a campaña Depo en Marcha 2017. Esta iniciativa impartirá, ao longo deste ano, un total de 161 actividades formativas destinadas a persoas maiores, xubiladas e pensionistas de 45 concellos de Pontevedra. Esta semana comezarán 14 novos cursos, ademais dos xa coñecidos.

O obxectivo buscado pola Deputación co desenvolvemento desta campaña é mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia, fomentando o envellecemento activo, establecendo relacións sociais e favorecendo a súa participación en actividades que melloren o seu estado anímico.

Obxectivo Mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, fomentando o envellecemento activo 

Os talleres divídense en oito categorías diferentes dependendo da súa temática. Traballando coas Mans, Entre Fogóns, Aprendendo coa Natureza, Móvete, Activando Corpo e Mente, Enredando, Dálle Marcha e En Rede son as distintas áreas de traballo, nas que se inclúen actividades como iniciación ao encaixe con palillos, conservas artesanais, panadería e repostería, musicoterapia, ou iniciación á informática avanzada.

Os novos obradoiros impartiranse nos concellos de Gondomar, Mos, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontevedra, Salceda de Caselas, Silleda, Valga, Vigo e Tui. O primeiro deles, de tapiñas e petiscos, comezará mañá en Redondela, e se alargará ata o 28 de novembro e participarán30 persoas da AA.VV. e Deportiva Cultural Miñoteira. Ese mesmo día, en Salceda de Caselas, comeza un curso de pilates para 25 persoas da Asociación Cultural A Feira, o cal está previsto que remate o 21 de novembro.

Posteriormente, o 13 de setembro, inícianse, en Pontevedra, Vigo e Gondomar, cinco obradoiros que se alargarán ata vindeiro mes de decembro. Para comezar, por unha banda, Pontevedra será escenario de dous cursos, un de conservación da memoria e outro de internet, correo electrónico e manexo do teléfono do teléfono móvil. No primeiro participarán 15 persoas da Asociación de Veciños de San Andrés de Estribela e, no segundo, 17 persoas da Agrupación de Pensionistas CCOO da cidade. Por outra banda, comezarán, en Vigo, outros dous obradoiros, un de cociña galega e outro de conservación da memoria. En Gondomar, dará comezo un taller de bailes de salón para os membros da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe.

Novas actividades En Gondomar, Mos, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Silleda, Valga, Vigo e Tui

O día seguinte, o 14 de setembro, está previsto o inicio de catro cursos nos concellos de Tui, Ponteareas, Mos e Redondela. En primeiro lugar, Tui acollerá un curso de formación sobre arte con flores, no que participarán 17 persoas do Centro Sociocomunitario. Este se alargará ata o 28 de decembro. Por outra banda, 15 persoas do Centro Cultural de Cillarga de Ponteareas, e 20 persoas da Asociación Cultural e Deportiva Cidadelle de Redondela, participarán no mesmo obradoiro nas súas respectivas cidades.

O 15 de setembro, comezarán dous talleres, un sobre ximnasia de mantemento e, outro, de bailes de salón nos concellos de Valga e de Pazos de Borbén. Nestas actividades participarán 20 persoas da Asociación Axentiva de Valga e 18 membros da Asociación de Veciños Santa María, respectivamente.

Pola súa banda, o 16 de setembro, máis dunha vintena de persoas da AA.VV. Parroquia de Laro, en Silleda, comezarán un obradoiro sobre xogos tradicionais que se alargará ata o vindeiro 23 de decembro.

Cun orzamento de 120.000 euros, a Deputación de Pontevedra traballa a prol do benestar dos maiores, xubilados e pensionistas da provincia, levando a cabo movementos de participación e cooperación social, espazos de encontro e, tamén, o intercambio de experiencias.

Comentarios