Máis Galiza podería irse do Bloque pero Aymerich insiste en quedar

Mentres todo apunta a que Máis Galiza seguirá os pasos dos irmandiños, o líder da corrente, Carlos Aymerich, está decidido a seguir no Bloque, do que foi voceiro parlamentario e é deputado. ''Se o domingo se aproba a saída do BNG, tocaralle a outros dirixir o que quede de Máis Galiza'', di a ECG.

Rafael Cuiña amósase crítico coa Xunta na entrevista de A Peneira
Rafael Cuiña (Lalín, 1972), empresario, analista político e fillo do lembrado Xosé Cuiña, amósase crítico coa actual Xunta malia militar no PP: ''Non coñezo un gran proxecto deste Goberno para poder gabalo'', di en A Peneira Dixital. Tamén se ve como socialdemócrata antes que liberal e por riba de todo, como galeguista.

A Estrada rende homenaxe mañá a Valentín García durante unha cea
Valentín García, o novo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, recibirá unha homenaxe na Estrada no transcurso dunha cea que se celebrará mañá, venres, ás 21.30 nas instalacións do Recreo Cultural Estradense. Onte remataba de xeito oficial prazo para anotarse, cos tíckets a 26 euros.

Comentarios