A Mangouras gústalle A Coruña (''it is a nice city'') pero detesta a choiva

O capitán do Prestige, o grego Apostolos Mangouras (illa de Icaria, 1934) leva o mellor que pode o xuízo e aproveita o tempo libre para pasear pola Coruña, onde ten amigos. Gústalle a cidade pero non tanto o moito que chove en Galicia. Por iso acostuma refuxiarse no centro comercial Marineda City.

José Luis Baltar está facendo unha supercasa no seu municipio natal

Esgos, o municipio no que naceu en 1940 José Luis Baltar, é para el principio e fin. Días atrás, El País contaba que neste concello de pouco máis de mil habitantes está a construír unha casa o ex presidente da Deputación de Ourense: “Unha vivenda de considerables dimensións nunha leira de 4,1 hectáreas”.

Sondaxe: a esquerda gobernaría en Galicia se houbese eleccións

Segundo unha enquisa de Sondaxe publicada por La Voz de Galicia, Feijóo non sería presidente da Xunta se non chega a adiantar as eleccións. De celebrarse hoxe, o PP pasaría de 41 a 36 escanos, co que perdería a maioría absoluta. O PSOE baixaría de 18 a 17; a AGE de Beiras subiría de 9 a 15 e o BNG seguiría con 7.

Comentarios