Manolo Ruibal: ''Na escola eu era un estudante mediano en matemáticas e só pensaba en debuxar''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R
Un referente. Eu comecei pintando paisaxes de Galicia. O campo, os olores da herba... Miraba moito a Laxeiro, a Manolo Torres...

P ¿Que quería ser de pequeno?
R
Sempre debuxei. Eu era un es-tudante mediano en matemáticas, por exemplo. Pero daquela ao debuxo non se lle daba valor.

P ¿Un lugar para abstraerse?
R
A miña casa en Barro inspírame moitísimo.

P ¿Un cadro que o marcara?
R
O boi esfolado, de Rembrandt.

P ¿Un pasatempo?
R
Ver os documentais de La 2.

P ¿En que consiste a súa exposición ‘A fauna na obra de Ruibal’, que se pode ver agora en Vigo?
R
É unha obra nova, de sete anos para acó, con pintura, escultura e debuxos sobre o mundo animal. Nace duns apuntamentos que tiña nunha carpeta e son unha interpretación moi libre, case unha abstracción do que me suxire a fauna.

P ¿Que se atopa o visitante que vaia ver a exposición?
R
Cabalos, vacas, peixes no mar... A min gústame moito unha montaxe con serpes na súa contorna. En total hai unhas 50 obras expostas.

Manolo Ruibal Ruibal

Naceu en Barro en 1942 e é pintor, escultor e escritor.

De formación autodidacta, viviu en cidades como Madrid, Nova York, Palma ou París
Durante outubro e novembro pódese contemplar en Vigo, na Fundación Novacaixagalicia, a súa exposición A fauna na obra de Ruibal. E de balde

Escribe poemas e contos

Comentarios