Marcos Alonso: ''Na segunda Festa da Sementeira faremos labranza tradicional con dous bois''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R
Algo distinto.
P ¿Un libro?
R
O morador da fenda, o libro do meu irmán.
P ¿Unha pelícual?
R
Calquera de Hitchcock.
P ¿Unha comida?
R
O cocido.
P ¿Que actividades poderemos atopar nesta II Festa da Sementeira?
R
Todo tipo de actividades, desde olimpíadas do campo, unha labranza tradicional cunha parella de bois, obradoiros tradicionais, xantar popular, postos de artesanía, zoo rural, etc.
P Ademais haberá unha mostra de obxectos etnográficos.
R
Si, a maioría destas pezas achegámolas entre eu e outra persoa da parroquia.
P ¿Teñen xa data para o próximo Sons da Lameira?
R
Si, será o 5 de xullo. Aínda non podemos anunciar a confirmación de ningún artista, pero si podemos dicir que este é un festival que se fai máis grande cada ano. E xa andamos pola sétima edición.

 

Marcos A. Rodriguez


Nado en Matamá en 1975, é membro fundador do Colectivo Malaherba, organizador da II Festa da Sementeira do Millo, que se celebrará entre os días 27 e 28 de abril neste barrio da cidade de Vigo

O programa da celebración incluirá diferentes actividades populares ou obradoiros, así como a actuación de Pepo Suevos ou de grupos folk como A Gaita Compaña, Os Catro Quintos e Cuchufellos

Comentarios