María Jamardo: ''La gente busca opciones nuevas tras confirmarse el fracaso de los partidos tradicionales''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R ¿Só un? Imposible.

P ¿Que quería ser de pequena?

R Médico.

P ¿Unha comida?

R Lacón con grelos.

P ¿Unha bebida?

R Coca Cola (Zero)
.
P ¿Unha canción?
R My way, de Frank Sinatra.

P ¿Un libro?

R Pequeñas infamias, de Carmen Posadas.

P ¿Unha película?

R Memorias de África.

P ¿Unha cor?

R O branco.

P ¿Un lugar?
R Pontevedra.

P ¿Un lema?
R O traballo é a clave do éxito.

P ¿En que traballa Sociedad Civil y Democracia actualmente?
R Estamos percorrendo Galicia para escoitar os problemas reais da xente a pé de rúa. E internamente, estamos reorganizándonos, asignando tarefas, etc...

P ¿Hai sitio para SCD en Galicia?
R Si, porque se confirmou o fracaso da xestión dos partidos tradicionais e a xente busca opcións novas.

María Jamardo

Nada en Pontevedra en 1979, é experta en comunicación e márketing e foi a encargada da última campaña electoral de Sociedad Civil y Democracia

Sitúase á fronte en Galicia do partido de Mario Conde, que queda como afiliado de base logo de renunciar á presidencia

Considera “un éxito” que se lograran 16.000 votos en só 15 días de campaña nas galegas

 

Comentarios