Mariano Rajoy leva a seu pai, de 93 anos, a vivir ao palacio da Moncloa

Cóntao El Mundo: Mariano Rajoy Sobredo, de 93  anos, vive na segunda planta da residencia familiar  da Moncloa. O presidente do Goberno levou a vivir  con el o seu proxenitor, quen, por certo, non foi de boa gana. O ex xuíz le El Quijote, dálle algún consello ao fillo e non ten por agora coidadores específicos.
 
Integrantes do cabildo alertaron da chantaxe ao ex deán José Mª Díaz
De El País: “A Policía acusa o home detido por extorsionar o ex deán da catedral de Santiago, José María  Díaz, outros cóengos do cabildo e a baronesa Tita Cervera de ser o autor de varios delitos”. A intervención policial que o pillou in fraganti foi grazas ao  aviso dado por persoas do cabildo catedralicio.

Sospeitan que Pachi Vázquez quere gañar tempo a prol de José Blanco
O intento de Pachi Vázquez de atrasar a outono a remuda no PSdeG non é do agrado de Gómez Besteiro, pero si de José Blanco. O líder dos socialistas  galegos estaría gañando tempo para que poida ser   candidato o ex ministro, que dentro de pouco terá que  declarar no Supremo en relación ao caso Campeón.
 

Comentarios