Marín se vuelca con los difuntos y con el gallego

O camposanto de A Raña convertíuse nun templo a ceo aberto no que as institucións reivindicaron o uso do galego nas lápidas e a ENM homenaxeou aos falecidos da Armada
A Escola Naval Militar rendíulles homenaxe no cemiterio de A Raña a todos os finados que pertencían á Armada
photo_camera A Escola Naval Militar rendíulles homenaxe no cemiterio de A Raña a todos os finados que pertencían á Armada

Os muros do cemiterio de A Raña da vila marinense tiveron este mércores unha xornada máis axetreada do normal.

Pasado o día de Todos os Santos, aínda quedaban homenaxes que rendir e plegarias que rezar. Así o fixo a Escola Naval Militar pola mañá, nun acto presidido polo capitán de navío, Comandante Director da Escola Naval, José María Núñez Torrente.

Fronte o panteón que a institución posee no camposanto, o capitán, xunto a unha comisión de oficiales, suboficiales e militares de marinería e tropa, rendíulle un sinceiro homenaxe ao persoal da Armada falecido, aos que se lles adicou unha ofrenda floral e polos que se rezou un responso, acompañado da música da banda oficial da propia Escola. Trátase dun acto que a Escola Naval celebra todos os anos en memoria dos que xa non están.

MORRER EN GALEGO. Á tarde, a Raña continuaba recibindo máis visitas das que acostuma a ter un mércores calquera do ano. Veciños de Marín congregáronse para asisitir ao acto ‘En galego, agora e sempre’, organizado polo Concello de Marín, en colaboración co Ateneo Santa Cecilia e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, no que se quixo celebrar o Día da Restauración da Memoria Lingüística.

No evento estiveron presentes a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o director xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen sinalou a importancia de "poder usar a lingua na que un vivíu toda a vida nun momento tan íntimo como o do pasamento".

Así, desde este mércores, o cemiterio de A Raña conta cunha placa que quere convertirse "nunha peza para a reflexión", tal e como apuntou Xosé González, representante da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. Alegan que hai que facer unha toma de conciencia en torno á razón de que "soamente unha de cada mil lápidas esté en galego", puntualizou González, "cando a realidade de Galicia é diferente".

"Aquí non chegan a dez as lápidas escritas na nosa lingua", subliñou o presidente do Ateneo, Lois González, quen, facendo memoria, recordou a "Otero Pedrayo, primeiro conferenciante que trouxemos ao Ateneo e que, cando lle fixeron o funeral na Catedral de Santiago, deron a misa en castelán. El ben merecía un enterro na lingua pola que tanto loitou". Por iso, o presidente do Ateneo sentenciou que "non podemos seguir sendo enterrados nunha lingua allea. Temos dereito a morrer en galego".

Xunto á placa conmemorativa colocouse un centro floral. O acto contou co son da gaita de José Manuel Riqueza e con dúas composicións interpretadas con zanfoña do músico Cesar Loureiro.

Comentarios