Martes cos ceos parcialmente nubrados en Galicia

As temperaturas experimentarán lixeiros ascensos
En el cielo se alternarán nubes y claros. ALBA SOTELO
photo_camera ARQUIVO

Galicia continuará unha xornada máis coas altas presións entrando en forma de cuña e a presenza de aire frío nas capas medias e altas da atmosfera. Deste xeito o ceo estará parcialmente nubrado, con chuvias febles no extremo norte pola mañá e chuvascos illados, puntualmente treboentos, durante a tarde na metade sur.

As temperaturas experimentarán lixeiros ascensos. Os ventos soprarán moderados do nordés, con intervalos fortes no litoral e zonas altas do interior.

meteogalicia