Meiga africana

A cantante e compositora Nina Simone atravesou o desfiladeiro que separa a música clásica do activismo político agresivo. Convenceuse de que era o único camiño para unha negra na América dos cincuenta. Ramón González Rey cóntanos como foi o ascenso e destrución do seu talento. Camilo Franco analiza as posibilidades de sobrevivir de Corpo a Terra, o único festival de danza que se celebra na rúa; na de Ourense, concretamente. Antonio Costa fala da nostalxia que lle provocou o vitalismo da actriz Melina Mercuri nunha viaxe a Atenas. Ramón Rozas festexa a boa nova arredor de ‘Nós’, de Castelao; toda unha descuberta. Portorosa fala de sabedoría e Jaureguizar analiza as consecuencias do Brexit nas súas lecturas.

Comentarios