Festa do Millo Corvo en Meiro

O millo corvo será o gran  protagonista do día de hoxe en Bueu. Música,  literatura, gastronomía, natureza e obradoiros son algunhas das propostas promovidas pola Asociación Cultural de Meiro para a xornada con motivo da celebración do XII Encontro degustación do Millo Corvo.

O programa comenzará as 11.00 horas cun roteiro de sendeirismo polos muíños da zona, o cal será guiado polo historiador local Manuel Aldao, gañador do Premio de Investigación da Deputación Provincial, polo seu traballo ‘Os muíños de auga na Península do A mesma hora abriranse as carpas gastronómica e de artesanía e, as 12.00, presentarase a revista A lingua do Corvo.

A continuación, a escritora Marica Campo dará lectura ó pregón da festa, ao que procederá unha actuación do grupo de pandereteiras.

Durante o mediodía, os visitantes poderán degustar o pan e empanada de millo corvo, e moitos outros pratos

Comentarios