O mércores iremos quedando baixo a influencia dunha borrasca situada entre os Azores e a península, que nos enviará unha fronte pola noite que entrará polo sur da comunidade. Así, o día comezará con néboas no interior e con ceos alternando nubes e claros no resto, con máis nubes na provincia de Ourense.
Nas derradeiras horas do día, aumentarán as nubes polo sur, con chuvias que se irán movendo cara ao norte durante a madrugada do xoves.
As temperaturas permanecerán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán de compoñente leste, fortes no litoral norte na segunda metade do día.