lunes. 10.05.2021 |
El tiempo
lunes. 10.05.2021
El tiempo

Mércores de nubes e orballos en Galicia

Mapa coa previsión de Meteogalicia
Mapa coa previsión de Meteogalicia
Os termómetros en Pontevedra oscilarán entre os dez graos de mínima e os 20 de máxima

Este mércores Galicia continuará nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións con fluxo de vento do oeste que achegará humidade desde o mar. Así se espera ceo anubrado, con orballos no oeste, e unha tarde con tendencia á apertura de claros. Pola noite aumentarán de novo as nubes con orballos na fachada atlántica. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, as temperaturas mínimas ascenderán moderadamente e as máximas seguirán sen cambios. Deste xeito, nas cidades galegas os termómetros subirán até os 23 graos en Ourense, os 20º en Pontevedra e Vigo ou os 19 graos en Lugo. En canto aos valores máis baixos, na capital lucense e na cidade das Burgas o mercurio baixará ata os nove graos ou os dez na Boa Vila e Compostela. 

Mércores de nubes e orballos en Galicia
Comentarios
ç