Merlán: ''Buscamos a felicidade moi lonxe cando en realidade a temos máis cerca do que cremos''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R
Fogar, doce fogar.

P ¿Que quería ser de pequena?
R
Moitas cousas: farmacéutica, bombeira... pero escritora non.

P ¿Unha película?
R
As de acción, comedia romántica... Vou ao cine para evadirme.

P ¿Unha canción?
R
De Brian Adams, Springsteen...

P ¿Un libro?
R
Agora estou centrada na literatura infantil, pero vou ler o novo libro de adultos de J.K. Rowling.

P ¿Unha comida?
R
Filete con patacas.

P ¿Un lugar?
R
O campo, onde haxa ríos. A natureza en xeral reláxame.

P ¿Que atopará o lector no seu primeiro libro?
R
Unha historia de amizade. É un neno que ten un amigo que non sorrí e sae en busca dese sorriso para el. Pode parecer infantil, pero tamén os adultos podemos extraer mensaxes: buscamos a felicidade lonxe cando en realidade a temos máis cerca do que cremos.

P ¿Por que está en verso?
R
É un texto rimado con ilustracións de Susana Rosique porque coa musicalidade entra mellor. 

Paula Merlán

Naceu en Vigo en 1979 e reside en Narón. Estudou Maxisterio e está dedicada ao mundo do ensino. Tamén se licenciou despois en Dereito

Escribe desde hai tempo e hai uns cinco anos comezou de cheo coa literatura infantil

Debuta coa publicación de Esto no es una fábrica de sonrisas, en La Galería del Libro de entra mellor. 

Comentarios