O mes de agosto estréase con nubes

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Chega o mes de agosto coa súa primeira fin de semana, que comezará con nubes en boa parte de Galicia. Son o resultado do paso dunha fronte pouco activa polo norte das provincias da Coruña e de Lugo, que mesmo pode deixar chuvias febles no terzo norte de Galicia nas primeiras horas deste sábado.

As previsións de Meteogalicia apuntan a que os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados no resto da comunidade co avance da xornada. En canto ao vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso pola tarde nas Rías Baixas.

Tras as xornadas de calor da semana, as temperaturas mínimas non terán cambios significativos este sábado, mentres que as máximas volverán descender lixeiramente. Moveranse entre os 21 graos da Coruña e os 33 de Ourense, con Pontevedra nos 27 graos.

Temperaturas previstas
A Coruña      18°     21°    
Ferrol            17°     23°    
Lugo             15°     25°
Ourense       18°     33°    
Pontevedra  17°     27°    
Santiago      16°     25°
Vigo              18°     24°