A Mesa pola Normalización Lingüística: "A súa desaparición deixa orfa a cultura galega"

A asociación asegurou que a desaparición do escritor deixa "orfa" a cultura galega

A Mesa pola Normalización Lingüística evidenciou este venres o seu pesar polo falecemento do escritor Xosé Neira Vilas que, lamentou, "deixa orfa" á cultura galega.

Nun comunicado, a asociación destacou o "papel protagonista" de Neira Vilas na "loita pola recuperación da lingua e da cultura galegas", tanto dentro de Galicia como "máis aló das súas fronteiras".

Así mesmo, sumouse á "dor" do ámbito cultural pola morte do escritor e, recordando a súa máis soada obra, Memorias dun neno labrego, asegurou que a desaparición de Neira Vilas "deixa orfo non só a Balbino, senón á cultura galega".

Comentarios