Míchel Salgado di que acabará no Celta dunha maneira ou de outra

O ex futbolista internacional de Celta e Real Madrid Míchel Salgado (As Neves, 1975) asegura nunha entrevista en Faro de Vigo: “Acabarei no Celta, non sei se como futbolista, adestrador ou presidente, pero aí estarei”. E engade que se alegrou do ascenso do equipo, sobre todo por Carlos Mouriño.
 
Alberto Freire remuda a Luis Rial tras as súas polémicas palabras
No exitoso espazo de madrugada Pensando en ti, Luis Rial armouna días atrás. O veterano locutor da Radio Galega chegou a dicir: “Se se privatiza CRTVG, os mediocres á puñeteira rúa”. Consecuencia: críticas a moreas dos compañeiros e cesamento fulminante. Volve conducir o programa Alberto Freire.
 
Criticada a ministra Fátima Báñez por xogar na Rede en pleno rescate
Fátima Báñez non estivo moi oportuna ao xogar na mañá de onte a un videoxogo pola Rede case á mesma hora en que Mariano Rajoy explicaba o que el non quere chamar rescate. A ministra publicou en Twitter a súa puntuación nun xogo de boliñas e retou os internautas a que a superen. Sen comentarios.

Comentarios